Unha persoa ferida tras colidir tres turismos en Tui

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Tui

Unha persoa ferida tras colidir tres turismos en Tui

Unha persoa resultou ferida en Tui despois de colidir tres turismos que circulaban pola A-55, á altura de Guillarei, dirección Portugal.

O accidente ocorreu sobre as 22:45 horas da pasada noite. Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 Galicia que, a partir de aí, puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Baixo Miño foron informados.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia o traslado da persoa ferida ata o Centro Hospitalario Fátima de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.