Unha persoa foi atropelada polo mesmo tractor que manexaba en Mondariz

Os servizos sanitarios de urxencia atenden neste intres a unha persoa á que lle pasou por riba o tractor que manexaba.

Ocorreu ás sete desta tarde na PO252 ao paso pola localidade de Mondariz, tal e como indicou unha testemuña do accidente a través da súa chamada ao 112 Galicia.

Decontado, desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nunha UVI móbil, así como os membros do Bombeiros-GES de Ponteareas, voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea e os axentes da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron que a bordo do tractor circulaban dúas persoas, das cales unha caeu e foi atropelada polo mesmo vehículo agrícola.

Arestora, todos os compoñentes o operativo continúan no lugar para atender ás vítimas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM