Unha persoa foi evacuada ao Hospital de Ourense con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa foi evacuada ao Hospital de Ourense con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Ourense con síntomas de intoxicación por inhalación de fume dun incendio declarado no baixo dunha vivenda.

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o suceso produciuse ás 21:30 horas de onte na Rúa do Lagar. Alí acudiron os Bombeiros de Ourense para sufocar un lume que comezou na campá extractora e encheu de fume toda a vivenda. Posiblemente, esta situación provocou que unha das persoas que se atopaban na casa sufrira unha intoxicación pola que debeu ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Un incendio colapsa a estruturas dunha casa en Muros

Ademais, o 112 Galicia tivo coñecemento dun incendio que afectou á estrutura dunha casa desahabitada no lugar da Rateira, en Muros. Afortunadamente, ninguén resultou ferido, pero os danos materiais son importantes debido a que o lume afectou seriamente ao tellado ata o punto de virse abaixo. Tamén houbo danos no primeiro andar, segundo indicaron os membros do GES de Muros, que se encargaron da extinción do incendio tras a chamada de alerta do 112 Galicia.

Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.