Unha saída da vía no concello lucense de Monforte de Lemos rematou cunha persoa excarcerada na mañá de hoxe.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 8:30 horas cando recibiu a alerta dun accidente na N-120, ao paso pola parroquia de San Martiño de Vascós. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, unha persoa necesitaba axuda xa que non era capaz de saír do vehículo polos seus propios medios.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Monforte de Lemos.
Unha vez rematadas as labores de excarceración por parte do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento, os servizos sanitarios puideron intervir e trataron de trasladar a persoa ferida ata o centro hospitalario de referencia.
Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, desde o 112 Galicia pasouse aviso á Policía Local, aos membros de Protección Civil e ao servizo de mantemento das estradas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.