Unha persoa necesitou asistencia médica a causa dun incendio na súa vivenda en Vigo

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha persoa necesitou asistencia médica a causa dun incendio na súa vivenda en Vigo

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta noite ao hospital ao ocupante dunha vivenda que resultou afectado por mor dun incendio nunha cociña.

Sucedeu ás 23:40 horas de onte nun apartamento situado no número 26 da Rúa Emilia Pardo Bazán, en Vigo. Foi un veciño quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda debido ao intenso fume acumulado no interior do edificio.

Decontado, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Vigo, que sufocaron o incendio provocado por unha pota que quedou ao lume.

Pola súa banda, o ocupante da vivenda tivo que ser trasladado ao hospital de referencia debido ás lesións provocadas polo lume e o fume.