Unha persoa perdeu a vida despois de ser atropelada por un vehículo na Estrada

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Sucesos

Unha persoa perdeu a vida despois de ser atropelada por un vehículo na Estrada

Unha persoa faleceu esta mañá tras ser atropelada por un vehículo no concello da Estrada.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na Avenida Benito Vigo, ás 9:30 horas da mañá de hoxe. Ante a gravidade do impacto, ata o lugar desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.


No operativo tamén participaron os membros do GES da Estrada e axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.