Unha persoa faleceu esta tarde tras envorcar o tractor que dirixía polo estrada de Arbian a Combarro, no concello pontevedrés de Vila de Cruces.
Como consecuencia do envorco, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi preciso a intervención dos bombeiros da cidade para liberala.
A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia ao fío das 13:30 horas mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba ao helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar de Santa María de Piloño para atender a un home posiblemente atrapado a causa da envorcadura dun tractor. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia informou aos Bombeiros do Deza para poder liberar á vítima.
Aínda con todo, e pese aos esforzos dos servizos sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da persoa.
Cos equipos de emerxencias colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, que tratan de recoller toda a información sobre o suceso.
Atropelo en Viveiro
Ademais, unhas horas máis tarde, dúas rapazas resultaron feridas tras ser atropeladas por un autobús cando realizaba a ruta escolar e no que viaxaban 32 alumnos sen que ningún deles resultase ferido.
O accidente sucedeu, ao fío das 15:45 horas desta tarde, na Rúa Antonio Ledesma, á altura dos institutos, no concello de Viveiro. Nese intre, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para alertar do atropelo e indicaban que, posiblemente, unha das nenas podería atoparse atrapada.
Axiña, os xestores de emerxencia do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Viveiro que, xa no lugar, confirmaron que non se precisaba o uso de material de excarceración xa que ambas menores atopábanse accesibles. Ademais, solicitouse a colaboración da membros Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Finalmente, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia do traslado das rapazas feridas ata o Hospital da Mariña.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.