Unha persoa resulta ferida tras envorcar co seu coche en Lugo

Por o 28/01/2019 | Sección: Sucesos
Unha persoa resulta ferida tras envorcar co seu coche en Lugo

Unha persoa foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao sufrir un accidente na estrada de Lugo a Ombreiro, en Tirimol.

Todo comezou pasadas as 11:30 horas desta mañá cando unha persoa particular chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, informando dun coche que envorcara. Indicaba ademais, que había unha persoa atrapada no interior do turismo. Axiña, os xestores do CIAE-112 Galicia, poñían o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Lugo, do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, informouse á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Lugo.

Persoal sanitario confirmou o traslado da persoa ao centro hospitalario de referencia.

Saída de vía en Dodro

Ademais, pasadas as 12:15 horas, unha muller embarazada precisou asistencia sanitaria tras saírse da vía. O suceso tivo lugar cando o vehículo circulaba pola AG-11, concretamente antes da saída de Rois, dirección Padrón. Segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia para dar o aviso, o turismo chocou contra a mediana da autovía despois de saírse da vía. Ata ao lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro, membros do GES de Padrón e axentes de Tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.