Unha persoa resulta ferida tras ser atropelada por un turismo en Ponteareas

Publicado por o día 17/05/2020 na sección de Galicia,Ponteareas,Sucesos

Unha persoa resulta ferida tras ser atropelada por un turismo en Ponteareas

Unha persoa resultou ferida tras quedar baixo o coche que a atropelou, por iso, foi necesaria a intervención dos Bombeiros e dos membros de Protección Civil de Pontearas para proceder á súa evacuación.

Minutos antes das 20:00 horas deste sábado, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informaba  ao 112 Galicia dun atropelo, á altura do cemiterio de Arcos, na localidade pontevedresa de Ponteareas. Indicaban que a persoa estaba debaixo do coche.

Ata o lugar, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas, a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade. Tamén, os xestores do 112  informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo.

Unha vez erguido o coche polos Bombeiros coa colaboración dos efectivos de Protección Civil, a persoa puido ser evacuada e trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo polos técnicos sanitarios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.