Unha persoa resultou afectada por inhalar fume durante un incendio urbano no Porriño

Por o 26/02/2018 | Sección: O Porriño,Sucesos
Unha persoa resultou afectada por inhalar fume durante un incendio urbano no Porriño

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron arestora a un home que resultou afectado por inhalar fume durante un incendio orixinado no seu domicilio esta mañá.

Segundo os datos facilitaros ao 112 Galicia, o lume produciuse arredor das 8:30 horas de hoxe nunha vivenda unifamiliar situada na Urbanización Monte, no concello pontevedrés do Porriño.

Por mor do fume provocado polo lume, o dono da vivenda resultou intoxicado, polo que foi atendido e trasladado, inicialmente, ao Centro de Saúde da localidade nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

En canto ao incendio, os axentes da Policía Local aseguran que está apagado, non obstante, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Porriño continuarán ata o lugar co obxectivo avaliar os danos e comprobar a correcta extinción do lume.

Este operativo activouse tras a chamada de auxilio dos afectados ao 112 Galicia, apenas uns minutos despois das 8:30 horas de hoxe. Ademais dos profesionais sanitarios e os bombeiros, foron avisados os axentes de seguridade local e os membros de Protección Civil do Porriño. Tamén foron informados os bombeiros de Vigo.