Unha persoa resultou ferida a causa dunha colisión entre dous turismos en Tui

Unha persoa resultou ferida a causa dunha colisión entro dous turismos, un deles envorcado, na estrada que comunica os concellos de Gondomar e Tui.

Eran as 17:00 horas desta tarde cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que daba conta dun forte impacto entro dous vehículos, na PO-340, ao paso pola parroquia tudense de Randufe. Igualmente, pedía asistencia sanitaria para os posibles feridos e atrapados. De feito, un dos vehículos implicados realizou unha chamada automática a través do sistema eCall o que permitiu coñecer aos servizos de emerxencia a localización exacta do sinistro.

Decontado, desde o 112 Galicia avisouse aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros do GES da Guarda aínda que, xa no lugar, descartouse o uso do material de excarceración tras comprobar que o único ocupante do vehículo envorcado estaba liberado. Ademais, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes de Tráfico e da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, a persoa foi evacuada con lesións de diversas consideración ao centro hospitalario de referencia.

Así mesmo, o accidente deixou numerosos restos na vía, polo que foi necesaria a participación do persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de recuperar as condicións de seguridade da calzada.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario