Unha persoa resultou ferida ao derrubarse o falso teito da súa vivenda en Vigo

Unha persoa foi evacuada polos profesionais sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir lesións de diversa consideración cando o falso teito do seu domicilio, unha vivenda situada na Avenida de Ramón Nieto, cedeu e caeu na mañá de hoxe.

Foron os propios sanitarios quen, ás 12:15 horas, chamaron ao 112 Galicia para comunicar o desprazamento dunha ambulancia ata a parroquia de Cabral para atender á persoa ferida. Segundo o relato dos equipos de intervención que acudiron ao lugar, a persoa atopábase liberada e accesible pero necesitaba asistencia médica.

De momento, descoñécense as causas que provocaron o incidente.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo. Ademais, para prestar apoio ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitouse a intervención dos axentes da Policía Nacional e Local.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM