Unha persoa resultou ferida de consideraci√≥n tras envorcar o turismo que conduc√≠a en Mu√≠√Īos

Publicado por o d√≠a 18/01/2018 na sección de Sucesos

Unha persoa resultou ferida de consideraci√≥n tras envorcar o turismo que conduc√≠a en Mu√≠√Īos

Os servizos sanitarios de urxencias trasladaron na tarde de onte a unha persoa que resultou ferida ao envorcar o turismo que conduc√≠a en Mu√≠√Īos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 19:30 horas de onte no Lugar de Prado de Limia, concretamente na estrada que une este punto co centro urbano da localidade ourensá.

Como consecuencia do¬†impacto, o condutor quedou atrapado no interior do veh√≠culo, polo que necesitou da axuda dos membros do GES de Mu√≠√Īos para sa√≠r do veh√≠culo e ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias.

Nun primeiro momento, o ferido non reaccionaba, aínda que pouco a pouco foi recobrando a consciencia. Finalmente, foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Foi unha persoa que pasaba por alí quen atopou o vehículo accidentado e de inmediato chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir dese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo que completaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ferido un camioneiro en Mos
Por outra banda, outro veh√≠culo, neste caso un cami√≥n, tam√©n envorcou esta noite pasada no enlace coa A-55 desde a AP-9 en sentido Porri√Īo, ao paso polo concello de Mos. Como consecuencia do golpe, o condutor resultou ferido e foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias ao centro m√©dico m√°is pr√≥ximo.

O sinistro rexistrouse √°s 23 horas de onte e desde o CIAE 112 Galicia avisouse aos efectivos do Servizo de Prevenci√≥n, Extinci√≥n de Incendios e Salvamento do Baixo Mi√Īo e aos membros do Servizo Local de Emerxencias de Mos, que comprobaron que o ferido estaba liberado e accesible.

Posteriormente, un guindastre encargaríase da endereitar e retirar o vehículo da vía.