O condutor dun turismo resultou ferido despois de saírse da vía e comezar a arder o seu vehículo cando circulaba pola estrada de Begonte a Friol.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ao fío das nove desta mañá e ata o lugar acudiron os Bombeiros de Vilalba debido ao incendio orixinado no vehículo, que ameazaba con estenderse á contorna. Finalmente, atallaron o lume ao evitar a súa propaganción pola zona arborada, malia a que o coche quedou completamente calcinado.
Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias atenderon ao ferido e o trasladaron ao centro hospitalario de referencia.
Neste operativo contouse tamén coa colaboración dos membros do GES de Guitiriz e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Colisión coche-moto na Coruña
Ademais, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente rexistrado ás 9:30 horas na Avenida Alfonso Molida da Coruña, onde un coche e un moto colidiron á altura da Igrexa de San Pedro. Debido ao impacto, o motorista caeu sobre o capó do turismo, polo que necesitou asistencia médica.
Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e informou do suceso aos bombeiros da cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.