Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron da tarde de onte a unha persoa que resultou intoxicada debido ao fume provocado por un incendio na frixideira dunha cafetería.
Todo comezou pasados uns minutos das 13:30 horas desta tarde no lugar da Seca, no concello pontevedrés de Poio. Foi a chamada de varias persoas particulares que se atopaban no lugar quen, ao detectar o incendio, contactaron co 112 Galicia para pedir axuda. Decontado, informouse aos Bombeiros do Salnés e aos servizos sanitarios de urxencia. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Sanxenxo, dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os membros do GES ventilaron a zona e confirmaron ao 112 Galica a extinción do lume por parte de Protección Civil. Ademais, do trasladao dunha persoa que se atopaba no interior ao Hospital Montecelo de Pontevedra por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.
Noticias de última hora en Vigo