Unha persoa sufre queimaduras en Vigo mentres trataba de apagar un incendio na súa vivenda

Por o 04/02/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Unha persoa sufre queimaduras en Vigo mentres trataba de apagar un incendio na súa vivenda
Compartir en:

Un incendio nunha vivenda da Avenida da Florida, na cidade de Vigo, deixou esta tarde unha persoa ferida con queimaduras.

Por fortuna, as feridas non revestiron gravidade. Así o indicaron os Servizos Sanitarios de Urxencia. A persoa foi  atendida na mesma vivenda polo persoal sanitario e non foi preciso o seu traslado.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio sobre as 15:00 horas desta tarde. A esa hora, unha persoa particular alertaba de moito fume e cheiro a queimado nas escaleiras do edificio.

Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un operativo no que participaron ademais do persoal sanitario, os Bombeiros da cidade e a Policía Local. Os efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia.

Finalmente, os Bombeiros tras apagar o lume, confirmaron que unicamente ardeu a campá extractora dunha das vivendas do edificio, posiblemente, por unha tixola que quedou ao lume. Ademais, indicaron que o dono mentres trataba de apagar as lapas resultou ferido con queimaduras nas  mans pero foi atendido no mesmo lugar polos sanitarios que se desprazaron ao punto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.