Unha persoa tivo que ser liberada ao quedar atrapada no interior do seu vehículo despois de sufrir un accidente en Barreiros

Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa tivo que ser liberada ao quedar atrapada no interior do seu vehículo despois de sufrir un accidente en Barreiros

Os Bombeiros de Barreiros excarceraron esta tarde a unha persoa que quedou atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente cando circulaba pola estrada de Barreiros e que vai á Praia de Baltar.

Nada máis recibir a chamada do alertante o 112 Galicia informou ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, tras chegar ao punto, confirmaron que era necesaria a intervención dos Bombeiros.  Así, os xestores do 112 puxeron os feitos axiña en coñecemento dos profesionais do parque de Barreiros e da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez liberado, o ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital de Burela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.