Unha persoa trasladada despois dun incendio que deixou danos nunha casa unifamiliar en Baiona

Publicado por o día 11/11/2019 na sección de Baiona,Galicia,Sucesos

Unha persoa trasladada despois dun incendio que deixou danos nunha casa unifamiliar en Baiona

Unha persoa precisou asistencia médica esta mañá despois de declararse un incendio que afectou a unha casa unifamiliar no termo municipal de Baiona.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa moradora da vivenda foi trasladada a un centro hospitalario ao presentar síntomas por intoxicación de fume. Por outra banda, o lume deixou danos nos tres andares da vivenda e calcinou por completo a cociña e o salón.

Os feitos sucederon na rúa Guarda, á altura do número 17, ao fío das 10:10 horas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio e, nada máis ter constancia do lume, os axentes do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES e Protección Civil do Val Miñor, aos Bombeiros do Porriño e de Vigo e á Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do incendio finalizaron ao redor das 11:30 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.