Unha posible avaría provoca un incendio nunha máquina do tren en Betanzos sen causar danos persoais

Publicado por o día 29/08/2019 na sección de Sucesos

Unha posible avaría provoca un incendio nunha máquina do tren en Betanzos sen causar danos persoais

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 15:00 horas desta tarde. Técnicos do Centro de Seguridade de ADIF comunicaron ao 112 que o seu persoal se atopaba na estación de Infesta, en Betanzos, debido a que unha máquina do tren se incendiara. Aseguraban que non había persoas afectadas.

Con estes datos, os xestores do CIAE puxeron en alerta aos Bombeiros de Betanzos que axiña se desprazaron ao punto. Tamén informaron á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros comprobaron que as chamas xa foran apagadas polos mesmos maquinistas coa axuda de extintores, polo que, eles arrefriaron a zona e iso si, contiveron o vertido que a propia máquina derramou polas vías en colaboración co persoal de ADIF. Por iso e mentres duraron as tarefas de extinción foi preciso o corte do subministro eléctrico.

Segundo apuntan os Bombeiros, unha avaría no manguito do gasóleo puido ser a causa que provocou o incendio. Ardeu unicamente o motor da máquina.

Comentar noticia

Your email address will not be published.