A III Semana da Patria Galega en Vigo, organizada por BNG e mais Galiza Nova, continúa coa súa programación este mércores 18 de xullo cunha proxección-coloquio centrada na conmemoración do 50 aniversario da celebración do 25 de xullo como Día da Patria Galega.
O acto, que se realizará a partir das 20h no café de Catro a Catro, incluirá a proxección dun fragmento do “CCVV Cineclube Carlos Varela” no que se recollen imaxes do primeiro Día da Patria Galega en 1968. Deseguido terá lugar lugar un coloquio no que se contará coa participación de Xesús Sanxoás, militante histórico do nacionalismo, fundador en 1964 da Asociación Cultural O Galo, activista do movemento estudantil en 1966 e cun papel referencial nas primeiras mobilizacións do 25 de xullo.
Canda Sanxoás participará tamén Maite Caramés, militante histórica do BNG e que participou nas primeiras celebracións do Día da Patria. Os seus testemuños en primeira persoa permitirán percorrer a historia do Día da Patria e explicar a importancia que ten o 25 de xullo como expresión da mobilización e da loita do pobo galego pola soberanía. Ambos os dous serán presentados por María Alonso, militante de Galiza Nova.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.