Unha rapaza resulta ferida de consideración tras precipitarse desde un piso en Lalín

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Galicia,Lalín,Sucesos

Unha rapaza resulta ferida de consideración tras precipitarse desde un piso en Lalín

Unha rapaza resultou ferida de consideración logo de caer dun edificio situado na Rúa Monte do Faro, en Lalín.

O suceso tivo lugar minutos antes das 13:30 horas de hoxe, cando a moza precipitouse ao chan desde unha ventá.

A chamada dun particular ao 112 Galicia permitiu activar o operativo para a atención do ferido, que presentaba lesións de diversa consideración nos membros superiores e inferiores. Así, ademais dunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao punto dirixíronse os axentes da Garda Civil e Policía Local, para facer as correspondentes pescudas nas que se produciu a caída. Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias informaron do ocorrido aos axentes da Policía Autonómica.

Unha vez estabilizada tras recibir os primeiros coidados in situ, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia polos profesionais sanitarios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.