Unha sentenza obriga a Bankinter a recalcular o préstamo coma se sempre estivese en euros e referenciado ao Euribor,

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Galicia,Pontevedra,Social

Unha sentenza obriga a Bankinter a recalcular o préstamo coma se sempre estivese en euros e referenciado ao Euribor,

O despacho de Avogados Solvendi acaba de obter unha sentenza favorable a uns afectados por Hipoteca Multidivisa veciños de Pontevedra.

A hipoteca foi comercializada por Bankinter. Os clientes, un matrimonio de Pontevedra, contrataran en agosto de 2008 o préstamo hipotecario sobre a súa vivenda por un capital de 155.861,87 € e a pesar de levar 10 anos abonando as súas cotas estas eran cada vez máis elevadas e o seu capital pendente de amortizar non se reducía. Os clientes vían que cada vez pagaban máis e que non se reducía a débeda. Descoñecían as características e funcionamento da multidivisa xa que Bankinter non lles explicaba nada. Non se avaliou a idoneidade do produto atendido o perfil do cliente. Non se facilitou información precontractual nin contractual. Non levaron a cabo simulacións nin se entregaron cadros de amortización sobre as posibles fluctuaciones do nominal en función do cambio da divisa escollida. As consecuencias económicas fóronse facendo cada vez máis insustentables, así o manifesta o letrado Don Marcos Vale Santos.

A sentenza obriga a Bankinter a recalcular o préstamo coma se sempre estivese en euros e referenciado ao Euribor, supoñendo un aforro para o cliente de máis de 40.000 €.

A sentenza foi ditada polo Xulgado de Primeira Instancia Nº 2 de Pontevedra e aínda non é firme, deben transcorrer 20 días hábiles.