Unha septuaxenaria perde a vida ao afogarse nunha piscina en Pontevedra

Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Unha septuaxenaria perde a vida ao afogarse nunha piscina en Pontevedra

Unha muller perdeu a vida a pasada noite ao afogar na piscina dunha casa particular en Pontevedra. Os feitos tiveron lugar ás 21:30 horas na localidade de Pazos, na parroquia pontevedresa de Marcón.

Foron os profesionais dos servizos sanitarios de urxencia os que contactaron co 112 Galicia para solicitar medios de intervención para colaborar no rescate dunha septuaxenaria. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, facíase necesaria a colaboración entre equipos de emerxencia para sacar da auga o corpo sen vida da muller.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, dos axentes da Policía Nacional e Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez na vivenda, os bombeiros confirmaron o falecemento da septuaxenaria e informaron ao 112 que a súa intervención foi descartada debido a que os demais equipos de emerxencia lograron retirar o corpo da auga.

Comentar noticia

Your email address will not be published.