Unha suposta guía turistica da Xunta de Galicia tenta reservar todo o aforo das instalacións arqueolóxicas de O Castro e de Mirambell

Publicado por o día 18/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Unha suposta guía turistica da Xunta de Galicia tenta reservar todo o aforo das instalacións arqueolóxicas de O Castro e de Mirambell

O Concello de Vigo tivo coñecemento no día de hoxe de que unha guía turística pretendía reservar todo o aforo das instalacións arqueolóxicas de O Castro e de Mirambell, en Toralla, como se se tratase dunha propiedade privada. Todos os cidadás teñen acceso garantido aos xacementos cumprindo unha normativa vixente desde hai máis de dez anos.

Ante esta situación, o Concello informoulle de que non era posible bloquear todo o aforo dos xacementos e que tiña que cumprir as normas habituais, xa que se trata dunha propiedade municipal e un patrimonio de todos os veciños de Vigo. Ademáis, esta mesma persoa traslada que quere prescindir do servizo dos guías municipais, arqueólogos do Concello, que levan desempeñando este traballo desde hai anos. A través dunha segunda chamada esta persoa identifícase como guía da Xunta de Galicia pero non o acredita, polo que se lle denega a solicitude e se lle empraza a cumprir as mesmas normas que o resto dos cidadáns, un servizo prestado polo Concello de Vigo co seu persoal, de forma gratuíta.

A Xunta de Galicia e a súa delegada na cidade, Corina Porro, intentan rirse de novo de Vigo e tomar o pelo á cidadanía bloqueando o acceso aos xacementos arqueolóxicos e impedindo a entrada dos visitantes durante dous meses para promover a campaña política na que están inmersos, manifesta o Concello nun comunicado emitido a prensa local.

Os xacementos arqueolóxicos non son propiedade da Xunta, son un patrimonio municipal aberto a calquera cidadán que queira entrar e nunca se cedeu a ninguén a posibilidade de entrar de forma exclusiva.

Desde o Concello sorprendelles que  que a Xunta, administración que non achegou nin un solo euro para a recuperación dos xacementos da cidade, pretenda agora quedarse con eles. O seu descaro político continúa na teoría de que Vigo pague e a Xunta se beneficie, di no seu comunicado. “A Xunta enviou a Corina Porro a Vigo para seguir ríndose da cidade”, manifesta e finaliza o comunicado de prensa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.