Unha traballadora é agredida no P.A.C. da rúa Pizarro

Publicado por o día 26/10/2017 na sección de Sanidad,Sucesos,Vigo

Unha traballadora é agredida no P.A.C. da rúa Pizarro

O pasado sábado unha traballadora do Punta de Atención Continuada (P.A.C.) de Vigo na rúa Pizarro foi agredida e neste intre a celadora atópase de baixa laboral por lesións. Ademáis de sufrir unha ruptura das súas lentes.

Ante esta gravidade do feito,  o sindicato CCOO  ven a manifestar a condea desta e todas as agresión, sexan cometidas contra un médico ou enfermeira como ante calquera outro traballador, como foi o do pasado sábado. Para CCOO todos e non so algúns deben ser considerados “autoridade pública” e todos merecen o respaldo da xustiza e dos responsables sanitarios. Neste senso o sindicato pide que a xerencia poña a disposición da compañeira a asesoría xurídica do SERGAS para actuar contra a agresión.

Solicitan tamén que os traballadores poidan desenrolar as súas tarefas con tranquilidade e seguridade. Para que iso sexa preciso que no acceso o servizo de admisión contar cun mostrador pechado; contar cun botón-alarma do pánico que cando sexa usado sone en todo o PAC e sobre todo o sindicato das comisións obreiras lles parce imprescindible contar con membros de seguridade xa que as agresión prodúcense en todo o recinto.

A medidas que pide e solicita CCOO mencionadas, “xa deberían estar funcionando dende xuño deste ano según procedementos internos que eles mesmos estableceron. Ademáis o tema do botón do pánico foi un tema recurrente, incluso no actual mes”.

O acoso e mesmo a agresión física e algo por desgracia máis frecuente do coñecido pola opinión pública e desde CCOO esixisen maior contundencia contra os agresores e maior respaldo na defensa dos agredidos.

CCOO DENUNCIA

A propaganda institucional contra estas prácticas deleznables é insuficiente si non está acompañada dun maior compromiso práctico.