Unha veciña de Arteixo, evacuada tras inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda

Por o 31/03/2018 | Sección: Sucesos
Unha veciña de Arteixo, evacuada tras inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha muller afectada pola inhalación de fume provocado por un incendio na súa vivenda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ocorreu pasadas as oito desta mañá nunha casa situada na Avenida da Pastoriza, en Arteixo, cando se iniciou un lume nun cuarto debaixo das escaleiras.

Nese momento, dentro da vivenda, había dúas persoas que tiñan dificultades para saír debido a intensa fumareda que se extendeu por toda a casa.

Un dos ocupantes da vivenda puido saír coa axuda dos veciños, pero a muller quedou atrapada nas escaleiras ata que puido ser evacuada polos bombeiros.

Unha vez fóra, foi atendida polos profesionais sanitarios e, posteriormente, trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). A muller presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

En canto aos danos provocados polo incendio, viuse afectado todo o cuarto situado debaixo das escaleiras e o resto da vivenda pola acumulación de fume.