Unha veciña de Vigo foi evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio na súa vivenda

Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha veciña de Vigo foi evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio na súa vivenda

Unha muller foi trasladada con síntomas de intoxicación por inhalar fume  dun lume declarado no interior da súa vivenda.

Todo ocorreu minutos antes das 23:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar que vía saír fume dende a ventá dun dos pisos dun edificio da Rúa Condesa Casa Barcena, en Vigo. Segundo a información facilitada polo alertante, a moradora da vivenda podía atoparse no interior do inmoble e necesitar asistencia sanitaria.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Vigo e tamén dos axentes de Policía Local e Nacional. Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia confirmaron que a muller estaba dentro do domicilio no momento do suceso e que tratou de agacharse para protexerse da intensa fumareda desprendida por unha tarteira esquecida ao lume.

A ferida foi evacuada polos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro hospitalario de referencia.