Unha vela causa un incendio nun panteón en Pontevedra

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Unha vela causa un incendio nun panteón en Pontevedra

Unha vela parece ser a causa da orixe dun incendio rexistrado nun panteón dun cemiterio, en Salcedo. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, a vela prendeu nuns papeis situados baixo dela e orixinou as lapas.

Ao fío das 17:15 horas desta tarde, un particular informaba ao 112 Galicia. Indicaba que non podían apagar a vela por mor de que o panteón estaba pechado.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.

Finalmente, non foi precisa a intervención dos profesionais de extinción. Os axentes da Policía Local coa axuda dun extintor apagaron o lume que unicamente calcinou unha vela. Iso si, o interior do panteón quedou afectado polo fume.

Comentar noticia

Your email address will not be published.