Unha vertedura de gasoil provoca un accidente en Bouzas e outro en Beiramar

Publicado por o día 25/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha vertedura de gasoil provoca un accidente en Bouzas e outro en Beiramar

Se dalgunha maneira pódese definir a xornada de onte para os Axentes que prestan servizo na Unidade de atestados da Policía Local de Vigo foi atarefada.

Ás 12:36 horas na rotonda de acceso a Bouzas produciuse a primeira das caidas de motorista como consecuencia da presenza de gasoil na calzada.

A parte da actuación da Unidade de Atestados verificando resultado dun ferido leve, foi necesario solicitar a presenza de bombeiros para proceder á limpeza da calzada mediante o emprego de produtos especiais, para garantir a seguridade dos demais condutores e evitar novas caídas.

Apenas dez minutos despois ás 12:48 tívose constancia dunha nova caída, esta vez na rotonda da Industria Conserveira na Av. De Beiramar.

Novamente a causa foi a presenza de gasoil na calzada, co mesmo resultado dun ferido leve.

Procedeuse nos mesmos termos que o anterior accidente, a solicitar a presenza de bombeiros para a limpeza da calzada.

Barállase a posibilidade de que un camión que realizase ese roteiro provocase por mor dunha perda de gasoil a mancha causante das citadas caídas.