Unha vertedura na contorna do Xeral causa un accidente

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha vertedura na contorna do Xeral causa un accidente

Na tarde do mércores ás 15:26 horas, recibiuse chamada na Sala de Comunicacións da Policía Local de Vigo.

O comunicado era relativo á caída dun motorista como consecuencia de que a estrada estaba esvaradía.

Trasladada ao lugar unha Unidade de Atestados da Policía Local de Vigo, comprobaron que a causa da caída era unha vertedura de gasoil en vía.

Constatouse que había unha gran mancha de gasoil que cubría un perímetro desde Palza España pasando a Porto Rico e Vazquez Varela.

En primeira instancia e co fin de acondicionar con urxencia a vía ao tránsito, o obxecto de evitar riscos, se comisiono unha dotación do servizo de incendios para proceder á limpeza de calzada.

Este labor foi apoiada polos axentes que procederon aos desvíos necesarios para facilitar o traballo dos bombeiros.

Pescudouse a empresa responsable da vertedura accidental, trasladándose á citada unha patrulla da policía local ao obxecto de solicitar os datos necesarios do vehículo causante para atender as posibles responsabilidades derivadas deste suceso.

Ao longo da tarde do mércores e xoves pola mañá recibíronse máis dunha vintena de chamadas sobre o forte cheiro no interior das vivendas. A este respecto hai que puntualizar que a situación está plenamente controlada, pero como parte da vertedura se intoduxo na rede de rede de sumidoiros pública, aínda se percibe o molesto cheiro na zona afectada.