Unha vintena de persoas participaron no programa de maiores “Mareas de Coñecemento”

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Tui

Unha vintena de persoas participaron no programa de maiores “Mareas de Coñecemento”

Esta semana rematou o programa de maiores “Mareas de coñecemento” impartido na cidade froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Universidade de Vigo.

As persoas participantes valoraron positivamente esta actividade na que se combinou a teoría e a práctica. Así puideron coñecer un pouco máis sobre a historia de Tui e realizar un percorrido polo conxunto histórico, tamén tiveron a oportunidade a aprender sobre hábitos saudables e realizaron a senda do Lagartón.  A parte final do programa estivo dedicada ás novas tecnoloxías centrándose no uso e configuración de teléfonos móbiles, e no manexo de aplicacións coma o whatsapp, facebook, calendarios de vacinacións, ou de contaxe de pasos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, asistiron o luns á clausura desta programa.   Alí as persoas asistentes lles transmitiron o positivo da actividade realizada, ao tempo que demandaron outras iniciativas destas características, que amais de ampliar os seus coñecementos, lles permiten tamén sociabilizar e adquirir novas experiencias.