Unha votación popular na páxina web municipal decidirá o nome de dinosetiño

Publicado por o día 21/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Unha votación popular na páxina web municipal decidirá o nome de dinosetiño

O Concello habilitará unha pestana na páxina web municipal para que os cidadáns suxiran nomes para o recén nacido dinosetiño. Na presentación desta estatua vexetal, Caballero avanzou que o Conservatorio Profesional de Música e a parroquia de Beade contarán con dous novos dinosetos, que se sumarán ao de Navia e aos de Porta do Sol.

Abel Caballero anunciou hoxe venres que a parroquia de Beade e o Conservatorio Profesional de Música contarán con dous novos dinosetos, que se sumarán ao que xa loce en Navia e aos de Porta do Sol.

Durante a presentación de dinosetiño, o rexedor instou a cidadanía a coidar ao recén nacido e a participar na busca de nome. Con tal obxectivo, o Concello habilitará unha pestana na páxina web municipal para recibir propostas e elixir o nome co que se vai bautizar o fillo do que xa “é o monumento máis fotografado de Vigo”, bromeou o alcalde.