Unidade móbil de doazón de sangue o 18 de xaneiro en Petelos e Guizán

En Petelos instalarase xunto á Capela de San Amaro de 15:30 a 18:30 horas e en Guizán, diante do Centro Cultural de 19:00 a 21:00 horas
Publicado por o día 09/01/2019 na sección de Galicia,Mos

Unidade móbil de doazón de sangue o 18 de xaneiro en Petelos e Guizán

O Concello de Mos informa de que unha unidade móbil da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazarase ata Mos para que os mosenses interesados en doar sangue poidan facelo.

A unidade móbil permanecerá en Mos durante o venres 18 de xaneiro. Estará en Petelos, ao carón da Capela de San Amaro en horario de 15:30 horas a 18:30 horas e en Guizán, diante do Centro Cultural, de 19:00 horas a 21:00 horas.

Os interesados en acudir a doar sangue deberán levar o seu DNI, non ir sen almorzar e esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.