O Concello de Mos informa de que unha unidade móbil da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazarase ata Mos para que os mosenses interesados en doar sangue poidan facelo.
A unidade móbil permanecerá en Mos durante o luns 11 de novembro.
Estará en Tameiga, na Urbanización de San Eleuterio, en horario de 15:30 horas a 21:00 horas.
Os interesados en acudir a doar sangue deberán levar o seu DNI, non ir sen almorzar e esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.