«A vivenda é un dereito. Así o vimos defendemos desde hai anos desde Unidas Podemos, agora desde o Goberno do Estado, apostando con determinación pola regulación dos prezos no mercado de alugueiro como onte mesmo demandaba a Eurocámara», demandou hoxe Antón Gómez Reino, deputado de UP e voceiro de Galicia en Común.
«Temos claro cal é o camiño: apostamos pola rexeneración urbana fronte á edificación de nova planta que resta espazos abertos á veciñanza, e concentrar os esforzos en incrementar a oferta pública de vivenda de aluguer nun mercado regulado», engadiu.
Unidas Podemos cualifica de propaganda baldía o denominado Pacto Social pola Vivenda 2021-2015 publicitado pola Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo tras máis dunha década de inacción na que se favoreceu claramente a especulación privada.
É un plan fantasioso e baleiro de contido. Fogos de artificio en titulares nos que se compromete unha mobilización de 1.080 millón de euros ‘de fondos públicos e privados’ sen detallar que o mesmo executivo do PP tivo afogada, esquecida e sen regular nunha necesidade básica como a vivenda.
Salientar que os datos da hemeroteca e dos orzamentos autonómicos destes últimos anos son testaláns e moi claros na absoluta inacción en vivenda de protección autonómica (VPA) e nas políticas de rehabilitación e habilitabilidade dos sucesivos Gobernos de Feijóo desde 2009.
¿Cantas vivendas protexidas se iniciaron no cuadrienio 2015-2019: Foron 5. ¿Cantas vivendas se mobilizaron de 2016 a 2019 dentro do programa de vivenda baleira? 20 en toda Galicia. ¿Cal é a porcentaxe do PIB que se asignou a vivenda nos orzamentos do 2020? O 0,12%. ¿E cantos millóns destina á vivenda no proxecto orzamentario do 2021? 85,8 millóns.
Chamanos a atención o exiguo da cantidade que a Xunta do PP de Feijóo pretende adicar a vivenda neste ano moi lonxe dos mil millóns publicitados o mércores. Claro contraste coa determinación amosada polo Goberno do Estado nos PGE xa aprobados nos que a suba é dun 368%, cun total de 2.253 millóns en políticas de Vivenda.
Coas políticas de desertificación industrial dos Gobernos do PP, cómplices coas grande empresas como Endesa e Gamesa que agora pechan, coas que xa pecharon, como Poligal, e coas que atravesan severas dificultades como Alu Ibérica e Alcoa, entre outras, é altamente improbable que os mozos e mozas galegas menores de 35 anos poidan optar a comprar unha vivenda tal e como Feijóo lles promete.
Instamos a Xunta de Alberto Núñez Feijóo a que tome en serio a vivenda como unha necesidade básica das galegas e dos galegos, logo dunha década absolutamente inútil no investimento en vivenda social, unha eiva que quedou ao descuberto nunha pandemia que probou a importancia de ter un teito no que acubillarse.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.