Unidas Podemos exixe a readmisión da compañeira de Alu Ibérica despedida polo Grupo Riesgo e pide unha intervención temporal da factoría

Gómez Reino: «Existe un amplísimo apoio social de toda a cidade a unhas reivindicacións xustas que loitan polo aluminio e o mantemento dos postos de traballo na comarca»
Publicado por o día 16/01/2021 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Unidas Podemos exixe a readmisión da compañeira de Alu Ibérica despedida polo Grupo Riesgo e pide unha intervención temporal da factoría

O deputado de Unidas Podemos pola provincia da Coruña, Antón Gómez Reino, volveu participar na mañá de hoxe dunha nova xornada de mobilizacións por parte dos traballadores de Alu Ibérica na Coruña, que siguen pedindo das administracións públicas unha solución viable para garantir o futuro da factoría e dos seus postos de traballo.

Antón Gómez Reino leva varios días acompañando aos traballadores de Alu Ibérica, aos que quixo amosar o seu apoio nas xustas reivindicacións que dende o pasado mes de decembro levan trasladando. «Exiximos, por unha banda, que se readmita á compañeira despedida inxustamente polo grupo Riesgo e que amosa, como indican os traballadores da factoría, que a súa venda non foi regular», indicou o voceiro de Unidas Podemos-Galicia en Común.

«En segundo lugar», proseguiu, «urximos unha solución inmediata, se é necesario unha intervención temporal das administracións públicas, de cara á búsqueda dunha solución definitiva. Estamos a falar dunha planta que amosou ser competitiva e que conta cun persoal comprometido polo futuro industrial da cidade, co aluminio e cos postos de traballo na comarca». Gómez Reino tamén sinalou «o amplísimo apoio social co que contan os traballadores e que o vimos esta mesma xornada co persoal de bombeiros da Coruña saudando o paso da manifestación e trasladando o seu agarimo», concluiu.

O cadro de persoal de Alu Ibérica iniciou unha folga indefinida a finais de decembro para esixir a readmisión dunha compañeira sobre a que pesa un despido disciplinario aplicado como represalia polo grupo Riesgo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.