A Universidade de Vigo suspende a actividade docente no campus vigués este luns

Publicado por o día 15/10/2017 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

A Universidade de Vigo suspende a actividade docente no campus vigués este luns

Ante a situación de emerxencia ocasionada polos lumes que afectan a Vigo e a súa contorna e dado o agravamento experimentado nas ultimas horas, a Universidade de Vigo acorda suspender a actividade docente este luns 16 de outubro no campus de Vigo. A Universidade informa que as instalacións do campus universitario vigués nestes momentos non están a resultar afectadas polo lume.