Uns 300 veciños de Redondela protestaron

Reclaman unha comisaría de distrito e máis efectivos policiais
Publicado por o día 19/05/2019 na sección de Galicia,Protestas,Redondela

Uns 300 veciños de Redondela protestaron
O pasado luns 15 de maio, os veciños e veciñas de Redondela déronse concentración na Praza de Ribadavia para solicitar á Subdelegación do Goberno que paralice o traslado dos efectivos policiais a Vigo e esixir a creación dunha comisaría de distrito cun maior número de axentes na vila dos viadutos, nunha protesta convocada pola plataforma cidadá contra o desmantelamento da Comisaría de Redondela.
 
Esta concentración convocada pola veciñanza foi secundada por todos os partidos politicos da localidade redondelana.
 
No transcurso da concentración dous portavoces da plataforma veciñal, Álvaro Bastos e Leticia Nogueira, leron un manifesto no que criticaron duramente a decisión dos mandos policiais de integrar aos efectivos redondelanos na comisaría de Vigo e advertiron que a medida afectaría a unha perda da proximidade cos cidadáns e un maior tempo en intervención, ademais dunha redución dos servizos.
 
A plataforma quere que a comisaría redondelana dispoña dun persoal de 40 funcionarios que permita os tres quendas, e tamén dispoña de servizos como o Grupo de Atención ao Cidadán, Grupo Operativo de policía Xudicial, oficina de denuncias pola mañá e tarde, servizo de expedición do DNI e unha unidade de atención ás familias e de atención en casos de violencia de xénero.
Manifesto

Na miña vida tiven experiencias dende nena co trato con axentes que velan pola nosa seguridade, o trato e a empatía que pode adicar máis un policía que coñece a tua realidade e non outro axente que só pode brindar os cinco minutos dos que dispón como norma. Os nosos axentes coñecen cada esquina no noso pobo e cada un dos nosos barrios onde a orografía resulta moi complicada nun Concello como Redondela. Todo isto que fixeron, implicará que se perda a experiencia e o coñecemento da zona, a proximidade con comerciantes e veciños e ademáis, que incremente o tempo de reacción ante calquera requerimento cidadán onde, nalgúns casos os minutos contan e como nos relataba esta mañá un veciño, o cal xa sufriu estas consecuencias o pasado fin de semana ¿Quén vai a estar ao lado desas pobres víctimas? Os funcionarios da nosa comisaría de ubicada en Redondela, levan solicitando tres ou catro efectivos a máis cos cales se podería facer viable un turno de 24 horas, cousa fundamental neste momento polo que pasamos no que case día tras día somos noticia na prensa.

Os nosos policías son os nosos amigos e veciños os cales adican máis tempo e atención a Redondela, pois funcionan como axentes de proximidade. No noso Concello existe unha problemática como ben é a que dá a coñecer o noso alcalde mensualmente por medio de concentracións; falo da seguridade das mulleres maltratadas ¿quén as protexerá? e os menores dos que tampouco nos podemos esquecer xa que nos últimos tempos o repunte das agresións destes cara os seus pais está en aumento. Non só queremos os nosos axentes senón máis funcionarios, como ben estes pediron, que vixien o alarmante movemento de consumo de estupefacientes entre nos menores de 15 anos; chegando xa ás portas dos nosos colexios. Os axentes, tamén solicitaron o acondicionamento da comisaría cunha máquina de expedición de DNI en especial para que os nosos maiores non teñan que desprazarse pois están citando para dentro de 5 meses, sendo sancionados por realizar esta solicitude cunha apertura de expediente. Ademáis, rogaron unha oficina onde se puideran solicitar trámites tan básicos como un permiso de saída de menores ao estranxeiro ou poder poñer denuncias tamén en horario de tarde; posto que contamos con instalacións para todo isto e debemos de explotalas.

Tras unha reunión á que fomos citados xunto con varias asociacións de veciños, convocada pola Subdelegada de Goberno de Pontevedra xunto con sete altos mandos da policía, a Sra. Larriba prometeu igual que o fixo mediante unha nota de prensa, cito textualmente: “garantizo que la oficina de denuncias seguirá funcionando desde las 8:00 h. hasta las 14:00 h. de lunes a viernes, incluidos los festivos, y por las tardes un funcionario atenderá las demandas” (onde resalta a palabra “festivos”); algúns veciños non saímos conformes, posto sabemos que non só vendeu fume e non só xogou sucio senón que ademais faltou ao respeto tanto aos nosos axentes como aos nosos políticos sen estar eles presentes; todas esas e demais propostas, son inviables debido ao déficit de axentes cos que contamos no Concello e menos posible será cando rematen de desmantelala, polo cal a través da nosa páxina de Facebook “NO desmantelamiento SI comisaría de distrito” desmentimos con probas audiovisuais estas verbas tan vacías de contido carente de verdade, pois dende sempre unha imaxe vale máis que mil palabras. Na reunión anteriormente mencionada, un dos xefes dixo, cito de novo textualmente “mirad si soy chulo que os reto a todos vosotros a… “.

Agora son eu quen utiliza públicamente esa mesma arrogancia; mirade todos vostedes se son chula, que vos invito tanto á subdelegada como a estes mandos policiais a que nos contestedes aos veciños a algo: estamos a ver unha alta presenza policial nos últimos días en Redondela centro, posto que nos pobos son menos vistos e non procede tan pouca visualización, ademáis de que non saben chegar, a pregunta é a seguinte: ¿se manterá este mesmo nivel de seguridade en canto chegue o verán e despois deste ou só será durante uns meses para tratar de enganar de novo ao Concello de Redondela? Dende Vigo só buscan a imaxe corporativa describindo a Redondela como un pequeno punto no mapa, máis ou menos como ben dicía a cantiga que seguramente vostedes recordarán: “Redondela é tan pequena que non sae nos mapas, Xan Carallás”.

Nós, as mulleres tamén temos que alzar a voz e que se nos escoite, precisamos intentar evitar que se produza unha soa agresión máis e para iso necesitamos a prevención e o asesoramento por parte das persoas que máis saben e non son outras que os policías que levan tantos anos ao noso carón. Ao finalizar esa a reunión recordo as palabras que dixen, foi algo así “desexaría que todo o tratado aquí así como que se traslada aos funcionarios a Vigo por motivos de eficacia e eficiencia e que non vai a perxudicar a Redondela, fose redactado, firmado e enviado ao noso alcalde, como ben él no seu día solicitou, pois é o noso representante” ao que a subdelegada contestou irritadamente “¿quieres un notario también?” e eu respondín con toda a educación, da que esta persoa carece “eu non son ninguén para solicitar nada, pero sí ou ben ese documento chega a mans do alcalde ou cada un de vostedes recorden ben a miña cara pois van ter que miralas moito tempo porque non penso nin que enganen aos meus veciños nin lle falten ao respeto a quenes non están diante para defenderse”, evidentemente ese informe nunca chegou, nin chegará pois ninguén vai a firmar algo que non se pode cumprir.

Porque Redondela sí existe, Redondela non é ese pequeno puntiño no mapa, Redondela, Cedeira, Cesantes, San Esteban de Negros, Porto Cabeiro, Chapela, San Vicente de Trasmañó, O Viso, Ventosela, Vilar da Infesta, Saxamonde, Quintela e Reboreda non son esas parroquias esquecidas, Redondela é o cuarto municipio da provincia e o decimoquinto a nivel autonómico, e nos os catro, xunto co apoio de tódolos grupos políticos, das asociación de veciños e culturais, de clubs deportivos, da asociación de empresarios, de sindicalistas como Agustín a que desexo mostrarlle ao igual que o resto de colectivos e a todas as persoas que están aquí presentes o meu máis sincero e profundo agradecemento, xa que todos non loitaremos por todo isto atrás mencionado e solicitado polos nosos axentes,, senón que o faremos directamente por unha comisaría de distrito con todas as súas unidades, porque Redondela a merece, porque Redondela non se deixa enganar e porque REDONDELA SÍ EXISTE.

Comentar noticia

Your email address will not be published.