Uns 4.200 quilos de alimentos recolleitos na Operación Quilo simultánea celebrada en Sanxeno, Moaña e Sabarís (Baiona)

A Fundación Provincial Banco de Alimentos agradece a implicación das persoas que entregaron as súas doazóns nos Carrefour Market onde levou a cabo a acción, así como a xenerosidade dos 70 [email protected] que participaron na mesma
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Baiona,Galicia,Moaña

Uns 4.200 quilos de alimentos recolleitos na Operación Quilo simultánea celebrada en  Sanxeno, Moaña e  Sabarís (Baiona)

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recadou esta fin de semana uns 4.200 quilos nas tres Operacións Quilo que desenvolveu en Sanxeno, Moaña e Sabarís (Baiona).
 
A acción solidaria celebrouse o venres e sábado nos Carrefour Market das tres localidades. En concreto, no supermercado de Sanxenxo recolléronse preto de 1.000 quilos de alimentos, no de Moaña uns 1.600 quilos e en Sabarís (Baiona) outros 1.600 quilos.
 
Desde a ONG agradécese a implicación das persoas que entregaron as súas doazóns nos centros comerciais, así como a xenerosidade dos 70 [email protected] s que participaron na mesma, regalando catro horas do seu tempo a favor das persoas máis vulnerables.
 
A Fundación Solidariedade Carrefou, impulsora desta Operación Quilo, comprometeuse, ademais, a achegar 1.000 quilos de comida por cada centro adherido á campaña, co que a ONG se esperan recibir outros 3.000 quilos máis.
 
Tanto cos quilos de alimentos doados pola cidadanía como co compromiso feito público por Carrefour seguirase abastecendo de produtos básicos aos dous almacéns de comida cos que conta a entidade e desde os que axuda a 25.000 persoas vulnerables na provincia 2018, en cifras Durante 2018, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das 25.000 persoas ás que axuda.
 
A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.