A UPG organiza palestra en Vigo sobre a situación do proceso de paz en Colombia

A actividade enmárcase dentro do “Foro Internacionalista” da secretaría de Relacións Internacionais da UPG.
Publicado por o día 27/04/2017 na sección de Social,Vigo

A UPG organiza palestra en Vigo sobre a situación do proceso de paz en Colombia
Mañá, venres 28 de abril, ás 19:00h na Libraría Cartabón (rúa Urzaiz 125, Vigo), a Unión do Povo Galego organiza unha palestra sobre  a situación do proceso de paz en Colombia, dentro das actividades do “Foro Internacionalista” organizado pola secretaría de Relacións Internacionais pola UPG, e co que se pretende  traer a Galiza a actualidade dos procesos e loitas patrióticas e antiimperialista do mundo.
 
Desta volta, a palestra abordará a realidade actual de América Latina e as perspectivas do proceso de paz en Colombia. No acto intervirán o  xornalista Bruno Carvalho, e proxectaranse imaxes filmadas en exclusiva por el nos campamentos das FARC-EP, e mais Duarte Correa, Secretario de Relacións Internacionais da UPG.