Urbanismo aproba a declaración de área de rehabilitación prioritaria para os edificios situados fronte á Basílica de Santa María

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará o vindeiro martes a declaración de área de rehabilitación prioritaria do conxunto de edificacións situadas fronte á Basílica de Santa María. O alcalde indicou que o goberno local xa traballa cos propietarios dos negocios situados nos baixos para chegar a acordos sobre as expropiacións.
Publicado por o día 18/09/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Urbanismo aproba a declaración de área de rehabilitación prioritaria para os edificios situados fronte á Basílica de Santa María

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que a Xerencia de Urbanismo do Concello dará o vindeiro martes a súa aprobación definitiva á declaración da área de rehabilitación prioritaria do conxunto de edificacións situadas enfronte da basílica de Santa María.

Trátase de seis edificios afectados (números 6, 7, 8, 9, 10 e 11), algúns de eles en moi mal estado. “A partir de agora, iniciamos o proceso de expropiación e, de forma paralela, arrancaremos co concurso de ideas para a rehabilitación conxunta de toda a fachada”, sinalou Caballero.

O Concello traballa tamén, segundo explicou o rexedor, en alcanzar un acordo cos propietarios para a expropiación e poder destinar o conxunto a uso dotacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.