Urbanismo aprobará o cambio de uso dunha parcela municipal en Esturáns para trasladar o Parque de Bombeiros de Balaídos

Abel Caballero informou este venres de que a Xerencia de Urbanismo aprobará a vindeira semana o cambio de uso dotacional dunha parcela do Concello para que poida acoller o novo Parque de Bombeiros. Unha nave existente no ámbito de Esturáns será o destino das instalacións que actualmente están no Estadio Municipal de Balaídos.
Publicado por o día 22/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Urbanismo aprobará o cambio de uso dunha parcela municipal en Esturáns para trasladar o Parque de Bombeiros de Balaídos

A Xerencia de Urbanismo aprobará na súa sesión do vindeiro 26 de maio a incoación do cambio de uso dotacional dunha parcela municipal, sita no ámbito de Esturáns (zona Tomás Alonso), para destinala ao novo Parque de Bombeiros da cidade.

A mesma sesión de Urbanismo quedará aprobada a notificación da resolución ao departamento municipal de Extinción de incendios e salvamento para o seu coñecemento, así como aos correspondentes departamentos municipais, con competencias na materia que resulten afectados, recadando destes os informes que se estimen oportunos.

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da decisión adoptada polo goberno local en base ás consideracións técnicas dos propios responsables do servizo de extinción de incendios municipal. Así, o actual parque instalado en Balaídos será trasladado a esta nave de Esturáns unha vez feitas as adaptacións necesarias.

A zona

Presentación

Comentar noticia

Your email address will not be published.