Urbanismo informa a favor da modificación do Plan Especial para reformar A Panificadora

A Xerencia de Urbanismo aprobará o vindeiro martes o ditame favorable á modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri) para avanzar na reforma do edificio da Panificadora. O Pleno da Corporación Municipal dará a aprobación definitiva.
Publicado por o día 11/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Urbanismo informa a favor da modificación do Plan Especial para reformar A Panificadora

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa de que a Xerencia de Urbanismo do Concello dará o visto e prace o vindeiro martes ao ditame favorable á aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do Casco Vello para avanzar no novo proxecto da Panificadora.

Segundo explicou o rexedor, tan só restará a aprobación definitiva no Pleno Extraordinario da Corporación Municipal e a partir de inicio comeza o expediente de expropiación, que tardará un ano, e os estudios técnicos. O proxecto xa ten o visto e prace das consellerías de Infraestruturas e Vivenda e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como os dos ministerios de Economía e Empresa e de Transición Ecolóxica. Tamén foron incorporadas as peticións do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

“Imos a transformar isto que queda aí nun equipamento de carácter socio cultural, un novo espazo de dominio público, praza arborada conectada con Praza do Rei, xa temos todos os informes positivos, todo na liña correcta”, dixo Caballero.

O alcalde tamén sinalou como edificio principal, almacén e edifico de Falperra. “O proxecto herdado do BNG e PP era un proxecto especulativo de torres de oito alturas que mataba esta zona da cidade”, sinalou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.