Urxe doazóns de sangue do grupo A Positivo (A+) en Galicia

Publicado por o día 14/12/2018 na sección de Salud,Sanidad

Urxe doazóns de sangue do grupo A Positivo (A+) en Galicia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)alerta de que as reservas do grupo A Positivo (A+) están en “nivel crítico” en Galicia e as de Cero Negativo (0-) e Cero Positivo (0+) están baixas. O vindeiro luns haberá unidades móbiles nas que poderá doarse sangue, entre outros lugares de Galicia, na rúa Concha Brey, en Ponteareas, e en Príncipe en Vigo.

ADO subliña que son necesarias 500 doazóns diarias de sangue para facer fronte ás necesidades dos centros sanitarios de toda Galicia.