Urxencias do Clínico convoca folga indefinida de 8:00 a 8:00 horas de luns a xoves a partir do 12 de novembro

Reclaman, entre outras cuestións, a dotación de persoal suficiente en todos os colectivos
Por o 31/10/2018 | Sección: Protestas,Sanidad,Sindicatos
Urxencias do Clínico convoca folga indefinida de 8:00 a 8:00 horas de luns a xoves a partir do 12 de novembro

A comisión de centro do Hospital Clínico compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de folga indefinida no Servizo de Urxencias do centro hospitalario. O paro desenvolverase de luns ás 8:00 horas, a xoves, ás 8:00 horas, a partir do vindeiro día 12 de novembro e abranguerá a todas as categorías profesionais: medicas/os; enfermeiras/os; TCAEs e celadoras/es.

Segundo explicou o seu presidente, Camilo Agulleiro, a comisión de centro leva tempo reclamando que se adopten medidas no servizo de Urxencias, “para ofertar á cidadanía unha atención digna e de calidade, acorde coa cidade á que representa e que nestes momentos está moi lonxe de acadar esos parámetros de seguridade, tanto para os profesionais como para os usuarios”.

Neste sentido, Agulleiro subliñou que “non fai falla ir moi lonxe, basta con virar até áreas limítrofes, que poden ser complexos hospitalarios de volume equitativo ao desta área sanitaria, e así decatarémonos da infradotación non só de espazos, senón tamén de persoal e de medios”.

O presidente da comisión de centro lembrou ademais que a problemática do servizo foi trasladada, en múltiples ocasións tanto á Xerencia de Xestión, como á Consellería de Sanidade e ao SERGAS, malia o que “non se recibiron nada máis que largas e distintos pareceres, pero nunca se concretaron solucións reais e efectivas ás necesidades e que frenen o evidente deterioro dun servizo esencial e que é a porta de entrada á sanidade pública”.

Diante disto, a comisión de centro acordou convocar esta folga indefinida co fin de presionar á administración e que esta se aveña a manter un “diálogo frutífero”.

Entre as súas demandas salientan:

  • Elaboración do plan funcional negociado coa Comisión de Centro e acordado co equipo multidisciplinar , adaptado á realidade asistencial e que contemple a utilización do 100 % do espazo na área de urxencias con dotación de persoal de maneira estable . Creación dun grupo de traballo de avaliación continua .
  • Dotación de suficiente de persoal en todos os colectivos ( médicas/os, enfermeiras/os, TCAEs e celadores/as) para atender o volumen de urxencias que entran pola porta. A este respecto sinalan que o pasado luns, día 29 de outubro, entraron 448 pacientes e ingresaron 61 desde urxencias ás distintas unidades hospitalarias.
  • Reposición do material deteriorado, obsoleto e/ou descatalogado e dotación de material necesario en cada posto , así como a dotación ou reparación de cadeiras de rodas, padiolas ,etc
  • Elaboración de protocolos para a asistencia de pacientes pendentes de ingreso mentres permanezan na unidade, minimizando tempos de estancia na mesma e adecuación de tratamentos.
  • Priorización das interconsultas que se xeran en urxencias: Necesario para dotar de dinamismo a atención dos pacientes, evitando retrasos que levan a situacións de tensións e reclamacións facilmente evitables.
  • Cobertura do 100% das ausencias dos traballadores/a

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.