Uxío Benítez anuncia que a Deputación financiará un estudo de mobilidade para o Concello de Mondariz

As directrices para ordenar o espazo público e as estradas da vila poderán estar definidas en catro meses e deberán ser aprobadas polo Pleno
Publicado por o día 26/07/2016 na sección de Deputación de Pontevedra,Mondariz,Vigo

Uxío Benítez anuncia que a Deputación financiará un estudo de mobilidade para o Concello de Mondariz

O deputado de Mobilidade indicou que o documento servirá de folla de ruta para realizar peonalizacións, mudar direccións de tráfico e establecer bolsas de estacionamento.

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, confirmou hoxe ao alcalde de Mondariz que a Deputación financiará a redacción dun estudo de mobilidade para o municipio. Este documento servirá de folla de ruta para realizar peonalizacións, mudar direccións de tráfico e establecer bolsas de estacionamento, así como para ordenar o espazo público en xeral. Estará listo, segundo as previsións, nun prazo de catro meses e deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación para darlle validez política.

Benítez reuniuse hoxe co alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín (‘Calis’), e cos concelleiros Mónica Peralba e Xose Emilio Barros coa fin de concretar as características do futuro estudo de mobilidade que, polas dimensións do concello, financiará por completo a Deputación. “Unha correcta convivencia entre os desprazamentos diarios e os usos económicos cos espazos de relación veciñal e de ocio é fundamental para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Na Deputación, como xa dixemos en moitas ocasións, apostamos por facer das persoas o centro de todas as actuacións, e é positivo que haxa concellos que compartan con nós esa visión”, sinalou. O responsable provincial, de feito, louvou a decisión do goberno local de retirar o estacionamento indiscriminado nalgunhas zonas da vila para gañalo para o uso dos veciños, e animou a seguir na liña de retirar o tráfico rodado innecesario e garantir unha mobilidade sostible.

En canto á redacción do estudo de mobilidade, Benítez esixiu a Montes Bugarín un compromiso cara a aplicación dunha mobilidade sostible e que o novo estudo non quede en ‘papel mollado’. O rexedor confirmou, pola súa banda, que o seu proxecto político é camiñar cara a recuperación dos espazos públicos “na medida das