Quedan sesenta días para as eleccións. Sesenta días de traballo, esforzo e ilusión transformadora que de seguro cambiarán o panorama político na nosa cidade. Dende que botou a andar este proxecto alá por setembro, tiñamos claro que un movemento potente e transformador íase materializar nunha alternativa real de goberno, aberto a toda a veciñanza de Vigo dende o seu comezo, e aberto tamén a novas incorporacións.
Para seguir avanzando xuntas/os no camiño quedades convidadas a V asemblea da Marea de Vigo que terá lugar o mércores 3 de Abril ás 20:00 no café De Catro a Catro (rúa Xirona 16).
A orde do día é a seguinte:
-Partido instrumental ou Agrupación de electores.
-Coalición instrumental para asaltar as deputacións.
-Peche da listaxe electoral.
-Peche da listaxe electoral.
-Programa.
-Comité de campaña.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.