V Magosto popular en Arbo

Arbo a 5 de novembro de 2018 – Castañas asadas e os chourizos gratis, nunha unha festa tradicional que arraiga a cultura popular galega
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Arbo,Galicia

V Magosto popular en Arbo

O V Magosto organizado polo Concello de Arbo reunirá na Praza do Concello o próximo Domingo 11 de Novembro a centenares de persoas. Espérase unha gran asistencia de veciños e veciñas de Arbo e moitos visitante de outras zonas, atraídos por unha festa tradicional que arraiga a cultura popular galega. A esencia deste magosto segue sendo a mesma que antano, todo xira entorno ás castañas asadas e os chourizos que o concello ofrece de forma gratuita, acompañados de xogos e música coa actuación da Charanga Encerellados. En palabras do alcalde de Arbo, Horacio Gil, esta Festa Tradicional, que foi recuperada coa chegada do actual goberno, está sendo un evento moi concorrido no que tanto os veciños como os visitantes poden desfrutar do manxar típico do outono e dun moi bo ambiente. Un total de 17 kilos de chourizos e 70 kilos de castañas foron asados de forma tradicional na pasada edición.