A A.V. de Teis convoca unha manifestación martes 24 de outubro

Asociación esixe a Caballero, que non permita que Guixar sexa un deposito de contedores
Publicado por o día 23/10/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de Teis convoca unha manifestación martes 24 de outubro

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha nova manifestación este martes 24 de outubro ás 19:00 horas, desde a avenida de Guixar, como así acordou a veciñanza ne asemblea.

A Asociación, quer lembrar a Abel Caballero, que o problema de Guixar, non só se limita a unha instalación. Hai dous almacéns de contedores, o de transporte “ Crespo e Cousedo” e as antigas instalacións da Campsa, ambos carecen de licenza municipal.

A isto hai que engadir o paso de camións con destino a estas instalacións, ao porto de Vigo e a empacadora, que pasan pola zona de Guixar. Incluíndo os camións da recollida do lixo.

A Asociación Veciñal de Teis, calcula que diariamente (luns a venres) pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a avenida de Guixar.

Isto é unha situación insoportábel debido as graves molestias provocadas a veciñanza (ruídos, po, problemas de tráfico,etc.,). Cando estes camións, teñen outros acesos ao porto e as instalacións de contedores carecen de licenza municipal.

Non imos permitir que a zona de Guixar, sexa unha base loxística e polo tanto esiximos Abel Caballero, que impida a almacenaxe de contedores nas diferentes instalacións e o paso de máis de 300 camións pola zona diariamente. O Concello é quen ten a capacidade para impedilo.