A.V. de Teis e Chapela demandan converter a AP-9 nunha vía urbana desde Padín

É unha necesidade a supresión da peaxe no tramo Rande- Vigo
Publicado por o día 19/10/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A.V. de Teis e Chapela demandan converter a AP-9 nunha vía urbana desde Padín

A Asociación Veciñal de Teis e Chapela, realizaron está mañá un acto simbólico para reivindicar do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galiza, converter en tramo urbano a autoestrada AP-9 desde as Torres de Padín até o centro da cidade de Vigo.

Ambas asociacións sempre defenderon converter en vía urbana a AP-9 no tramo cara o centro da cidade de Vigo, isto permitiría mellorar as comunicacións nos barrios de Teis e Chapela e a eliminación do tráfico de camións

En todo caso entenden que a vía urbana deberá ser desde onde comeza o termo municipal de Vigo, desde as Torres de Padín e non limitalo só desde a avenida de Buenos Aires.

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, xunto a converter en tramo urbano a AP-9 a súa entrada a Vigo, consideran necesario eliminar a peaxe no tramo Rande-Vigo, despois de 35 anos desde a apertura da AP-9, se segue pagando por este tramo que forma parte do aceso á cidade de Vigo, cando outras cidades galegas carecen de peaxe nos seus acesos.

A Asociación Veciños de Chapela, solicitan a convocatoria da comisión de seguimento das obras de ampliación da AP-9, que leva desde o mes de febreiro sen convocarse. As obras comprometidas non se realizaron e o tramo esta a piques de rematar.

Por último, sinalar que ambas asociacións, acordaron que si non hai resposta as suas reivindicacións, convocaran mobilizacións nas próximas semanas.